Esta semana celébrase unha nova edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR), un punto de encontro global para os profesionais do turismo. Un evento que non podía perderse o Clúster de Turismo de Galicia, encargado de xestionar o espazo reservado para o turismo galego e quen participará activamente nas reunións destinadas á mellora do sector.
Ademais, o venres 19 o propio presidente do Clúster, don Francisco González, realizará a presentación “Novas iniciativas para a comercialización do Turismo de Galicia”. Dicha presentación pretende facer un repaso dos produtos turísticos impulsados polo CTG en colaboración cos seus asociados e con Turismo de Galicia, co obxectivo de mellorar a comercialización da oferta turística galega a través da diferenciación, a formación e a especialización en nichos de mercado como o turismo activo, o enoturismo, ou o turismo familiar, este último materializado en Galicia Destino Familiar.
Esperamos que este FITUR traíanos un montón de ideas novas e proxectos cos que seguir mellorando para ofrecer ás familias a mellor alternativa de ocio e aloxamento en Galicia!