Galicia Destino Familiar
Clúster Turismo de Galicia
  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
    • Español
    • English
    • Português

Establecemento: Turismo rural Casa da Torre

Compartir:
Categoría: Turismo rural
Localización: A Torre, 55 - Campaña, 36647, Valga (Pontevedra)
Teléfono: 986557480
Email: info@casaruraldatorre.es
Web: Abrir enlace
Enlace reservas: Abrir enlace
Descripción
Sitio íntimo cheo de tranquilidade, que xunto co verde que nos ofrece a natureza e o encanto do paisaxe o fan ideal para o desfrute.
Más información

A Casa Da Torre está situada ao norte da provincia de Pontevedra, limitando coa da Coruña, no municipio de Valga, parroquia de Campaña, lugar de Torre, na parte baixa do Río Ulla, onde comeza a Ría de Arousa, nun punto equidistante entre as Rías Baixas e as Rías Altas galegas, a cinco minutos de Padrón, a vinte minutos de Santiago, a vinte minutos de Pontevedra, a media hora de Vigo, de Sanxenxo, do Grove, da Toxa, de Rianxo, de Riveira, de Muros na Costa da Morte, a corenta e cinco minutos da Coruña e a unha hora de Portugal.

Está nunha leira toda ela rodeada dunha muralla construída en pedra que a converte nun sitio íntimo e cheo de tranquilidade e que xunto co verde que nos ofrece a natureza e o encanto da paisaxe galega fano un marco inmellorable para o relax e goce en épocas vacacionais.

A leira ocupa un seis mil metros cadrados de superficie, dentro da cal se atopan, a casa nunha zona, os apartamentos noutra, a piscina, a pista de tenis, o parking, un amplo xardín cunha gran diversidade de árbores e plantas, o horto, as árbores froiteiras, a plantación de kiwis, etc.

Ofertas do establecemento
Nestes momentos non hai ningunha oferta activa
Certificados calidad
  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
  • Legal & Cookies
  • Área privada

Unha iniciativa do Clúster de Turismo de Galicia