Temos unha noticia moi importante que comunicarvos!
Xa está dispoñible o catálogo de Galicia Destino Familiar en axencias retallistas de todo o territorio español gracias á colaboración dunha grosista. Neste caso, foi InterRías a que participou connosco de maneira activa na creación e distribución do mesmo.
Como sabedes, o obxectivo do proxecto é situar a Galicia como un destino de referencia para as familias á hora de viaxar, polo que esperamos que a nosa iniciativa consiga incrementar o número de visitantes e sobre todo as gañas de volver, porque Galicia ten moito que ofrecer.