Galicia Destino Familiar
Clúster Turismo de Galicia
  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
    • Español
    • English
    • Português

Artigo do Blog > Galicia, de caché en caché
16 de setembro de 2021

Compartir:
“O "geocaching" é unha actividade que está en auxe e é tanto apropiada para adultos como para os máis cativos”

Unha actividade que está en auxe e é tanto apropiada para adultos como para os máis cativos, é o geocahing.

Para os que aínda non sabedes o que é o geocaching, este é unha versión moderna e dixital da “busca do tesouro”, de aí o alto atractivo para os máis pequenos da familia. Os participantes percorren o territorio buscando elementos que previamente foron escondidos, os denominados “geocachés” ou “cachés”. Estes geocachés ou cachés, en galego agochos, son colectores que deben estar ao aire libre e protexidos para que sexan resistentes á auga e perdurables no tempo. Deben estar adecuadamente etiquetados coa palabra geocaching para que quen os atope saiba de que se trata (no seu interior tamén se inclúe unha nota aclaratoria para que quen os atope os volva deixar no seu sitio, especialmente para quen non sabe o que é).  Poden estar agochados na natureza, en parques ou en zonas urbanas accesibles ao público.

Estes caches deben conter sempre, como mínimo, unha folla ou libro de rexistro para que a persoa que o atopou poida asinar con nome e data. 

Esta actividade é ideal para practicar en familia e promove o contacto coa natureza e o interese polo territorio e os lugares que visita. 

En toda Galicia hai centos destes tesouros, so tedes que descargar a app e buscar os máis próximos á vosa ubicación. Lembrade deixar o caché no mesmo sitio e nas mesmas condicións para que os seguintes o atopen sen problema.

  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
  • Legal & Cookies
  • Área privada

Unha iniciativa do Clúster de Turismo de Galicia