Hosteltur faise eco da nova campaña promocional do selo Galicia Destino Familiar, un selo que acredita aloxamentos, empresas de restauración, axencias e todo tipo de actividades turísticas especialmente pensadas para as familias. Ademais, ofrécense descontos especiais e rutas con puntos de interese como parques ou miradoiros.
Este proxecto do Clúster Turismo de Galicia, que conta co apoio de Turismo Galicia, busca ofrecer ás familias unha plataforma na que atopar todo tipo de actividades turísticas pensadas especialmente para eles.
Así se transmite a través do seu novo anuncio, no que unha familia percorre varios puntos da xeografía galega gozando da natureza, costa ou gastronomía, entre outros recursos turísticos propios deste territorio.
Pódese consultar a nova completa en https://www.hosteltur.com/comunidad/nota/027533_un-nuevo-video-promociona-galicia-destino-familiar-para-atraer-el-turismo-en-familia.html