| Categoría: | Hotel |
| Localización: | AVDA. CESAREO PONDAL, 27, 15117, Laxe (A Coruña) |
| Teléfono: | 981739000 |
| Email: | hotel@playadelaxe.com |
| Web: | Abrir enlace |
| Enlace reservas: | Abrir enlace |
| Referencias noutras webs: |
Hotel de tres estrelas,a pé de praia na Costa da Morte. Inaugurado no ano 2005, é un edificio de nova construción con todas as comodidades que iso implica, 30 habitacións dobres con baño completo, climatización, televisión, fío musical, minibar, teléfono, conexión a Internet wifi, caixas fortes individuais, a parte dunha central, secador de pelo e produtos de aseo nos baños.
Existen catro tipos de habitacións, aquelas que son dobre estándar (15), habitacións Superiores (4), máis amplas que as anteriores e con bañeira de hidromasaxe, as habitacións Especiais ou Familiares (9) son habitacións cunha salita e baño (junior suite), e por último as habitacións adaptadas (2). O hotel dispón tamén de parking propio (con 30 prazas), temos ascensor directo desde o parking ás habitacións e servizo de cafetaría. A localización do Hotel é inmellorable posto que se atopa a 20 pasos do paseo marítimo e da praia.
Practicamente todas as habitacións posúen vistas tanto á praia como ao pobo de Laxe. Xusto en fronte ao hotel temos a praza maior, onde está o centro médico do pobo, o concello e un parque de xogos para nenos.