A todos aqueles que teñades a oportunidade de tomarvos un respiro durante o Ponte de Maio, recomendámosvos unha actividade que seguro vos encantará: a iluminación da Fervenza do Ézaro.
A fervenza do Ézaro sitúase na parroquia de Ézaro, municipio coruñés de Dumbría, é un dos espectáculos naturais máis belos que poderedes contemplar na nosa terra. De aí que se convertera nun dos atractivos turísticos máis populares da Costa da Morte, podéndose visitar os 365 días do ano a calquera hora do día.
Mais, existen algunhas datas elixidas no calendario nas que a fervenza adquire aínda maior esplendor: a Iluminación Nocturna da Fervenza de Ézaro. Poderedes contemplar o evento os días:
Sábado 28 de abrir de 22:00 a 23:00
Luns 30 de abril de 22:00 a 23:00
Ven a gozar deste espectáculo en compañía dos máis pequenos. Será unha experiencia que nunca esqueceredes!