Galicia Destino Familiar sacou un novo vídeo promocional para dar a coñecer o seu proxecto. Co lanzamento deste vídeo búscase que esta iniciativa chegue a cada vez máis xente e consígase así aumentar o posicionamento de Galicia como un destino turístico familiar por excelencia. E é que a comunidade galega é o destino ideal para pasar uns días inesquecibles en compañía dos teus. A mestura perfecta entre unhas paisaxes de ilusión, unha chea de actividades culturais, unha gastronomía de luxo e os mellores plans turísticos para realizar en familia.
Este proxecto do Clúster de Turismo de Galicia, que conta co apoio de Turismo Galicia, busca ofrecerlle ás familias unha plataforma na que atopar todo tipo de actividades turísticas pensadas especialmente para eles. Desta forma, tanto na páxina web como na app de Galicia Destino Familiar (dispoñible de forma gratuíta para Android e iOS) poderán atopar desde aloxamentos, como hoteis, apartamentos, cámpings ou casas rurais, pasando por restaurantes e axencias de viaxes así como empresas de actividades de aventura, viaxes en barco e similares. Todo o necesario para gozar dunhas perfectas vacacións en familia.
Baixo o selo de calidade Galicia Destino Familiar atópanse as mellores empresas do sector con instalacións especializadas, ofertas de actividades na natureza e unha ampla variedade de servizos pensados especificamente en satisfacer as necesidades das familias durante as súas viaxes. Todos os establecementos adheridos deben cumprir uns estándares de calidade para formar parte desta iniciativa que busca situar Galicia como destino preferente das familias.
Plans para toda a familia
O procedemento para buscar experiencias en Galicia Destino Familiar é moi sinxelo. As familias que queiran gozar dunha experiencia única pasando uns días todos xuntos en Galicia atoparán diferentes ofertas especiais ás que poder acollerse, así como unha listaxe de establecementos con todas as comodidades necesarias para eles.
Tan só teñen que buscar por municipio, introducir as datas e obterán unha listaxe con hoteis, apartamentos ou casas rurais perfectos para descansar en familia, restaurantes pensados para recibir aos máis pequenos ou empresas de aventura que organizan actividades destinadas a todas as idades. Ademais, atoparán un mapa da comunidade no que aparecen sinalados parques, miradoiros ou praias para que poidan organizar pequenas rutas adaptadas para todos os membros da familia.
Todas as comodidades e un proceso sinxelo que fan de Galicia Destino Familiar unha iniciativa única que busca atraer un segmento de turismo de gran calado e que xa cobre todo o territorio galego.