Galicia Destino Familiar
Clúster Turismo de Galicia
  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
    • Español
    • English
    • Português

Artigo do Blog > Primeira parada: Muros e Noia
10 de agosto de 2018

Compartir:
“Xuntos percorremos os puntos máis emblemáticos de Muros e Noya”

Empezamos a nosa primeira ruta facendo unha parada en Monte e Lagoa de Louro onde poderedes gozar dunha marabillosa paisaxe natural no que conviven A lagoa das Xarfas e a Praia Area Maior separadas por unhas dunas de area fina e branca, características desa zona costeira.

E se esta marabilla da natureza que deixa embelesado a todo o que a ve deixouvos bo sabor de boca, podemos seguir o noso camiño até chegar a Lira, parada obrigatoria, onde poderedes ver de preto un dos Hórreos máis grandes de Galicia como é o Hórreo de Lira con case 35 metros de lonxitude e 1,90 metros de ancho.Utilizábase para preservar as colleitas, sobre todo o millo e as patacas.Moi cerquita atópase o pombal de Lira que data do século XVIII.

E se o final do día sorpréndevos de camiño a Carnota, non podedes perdervos un dos atardeceres máis espectaculares de Europa onde o sol desaparecerá e o ceo seguirá brillando. Esta praia galega con case 7 km de lonxitude é a máis longa de Galicia cuxa beleza se complementa con outro dos puntos máis importantes da comarca de Muros, o Hórreo de Carnota, un dos monumentos máis fotografados de Galicia ao que acoden centos de turistas dispostos a inmortalizar o momento.

Preparados para continuar a nosa viaxe por Galicia?

#venydisfruta #galiciadestinofamiliar

  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
  • Legal & Cookies
  • Área privada

Unha iniciativa do Clúster de Turismo de Galicia