Galicia Destino Familiar
Clúster Turismo de Galicia
  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
    • Español
    • English
    • Português

Artigo do Blog > Entrevista a Amelia de Atlantis Adventure
19 de outubro de 2018

Compartir:
“Fóra tablets e móbiles, aquí a diversión está asegurada!”

Entrevistamos a Amelia, asociada ao selo Galicia Destino Familiar, para que nos fale da súa empresa de turismo activo  Atlantis  Adventure,  en Cee (A Coruña).

1. Que é para vostede diversión en familia?

Para nós a diversión en familia é onde todos, tanto os nenos e os  papis esquecémonos das cargas rutineiras e compartimos experiencias xuntos, que despois de vivilas, seguímolas compartindo en casa, cos amigos e familiares creando alegrías e risas das anécdotas. 

2. Que diferenza á súa empresa doutras do sector non especializadas no sector familiar?

En primeiro lugar a experiencia de tantos anos traballando con familias na miña zona. En segundo lugar porque as actividades están pensadas para o goce de todos. E en terceiro lugar porque todo o equipo crecemos xuntos e agora somos pais e sabemos o que nos gustaría como pasalo cos nosos nenos e en familia. E o poder compartir é unha gozada.

3. Que é o que máis destaca o turista familiar da súa empresa?

A alegría, a atención e a seguridade.

4. Cales son os principais recursos turísticos da súa zona?

O  microclima que fai desta zona unha autentica marabilla, cos seus cheiros naturais e frescos, as cores naturais da natureza e as súas praias tranquilas de area branca.

5. Por que Galicia é un bo destino para as familias?

Pola seguridade e a tranquilidade. Non está  masificado como noutras rexións que causan unha preocupación inconsciente aos pais e transmítense aos nenos. Porque os nenos tamén se  estresan e aínda que non o digan directamente, exprésano nas súas perrenchas, en hiperactividade, etc. Se é certo que non temos grandes parques de atraccións, etc pero aos nenos non lles fai falta. Temos comprobado pola nosa experiencia que co máis simple xogo compartido e boa comunicación no noso escenario tan natural dando valor, quedan marabillados. E un neno feliz fai felices aos pais. E todo roda ao redor da familia.

6. Acoden familias estranxeiras ao seu establecemento?

Se levamos dous anos cun repunte de familias estranxeiras.

7. Cóntenos unha anécdota sobre unha familia turista no seu establecemento.

Pois ben! Unha familia monoparental coas súas tres fillas, viñan de Madrid, pois quería o pai que deixasen o móbil,  Tablet, etc ao carón e que fixesen outras actividades, a verdade é que o home pola súa situación non sabía onde se meteu o pobre. Ao principio elas como que non querían, negadas e dicindo papá isto é un rolo, vamos a casa. E ao final convenceunas e á aventura. O  papi elixiu a actividade de  Coasteering unha actividade que imos rodeando a costa pola zona de Corcubión onde contamos as historias, exploramos covas e saltamos a pozas. Comezamos equipándonos aí as nenas rían do pai porque lle custaba poñerse o traxe de neopreno e unha delas dicíalle: Papá pareces unha  butifarra?  Ja, ja, ja Nena  caya que estamos en Galicia non en Cataluña, a verdade moitas risas e comezaba a conexión entre eles.. Logo no proceso da actividade as nenas gozaron moitísimo, rían co pai porque non saltaba ao mar e o pai gozaba moitísimo ao ver que as súas nenas saltaban, gozaban e ríanse todos xuntos. Estamos convencidos que a experiencia non só durou ese día soamente, tiveron moito que contar e compartir despois.

8. Por que recomendaría formar parte de Galicia Destino Familiar?

Se é certo que estamos en proceso de despegamento ou polo menos así o vexo eu, con todo nós particularmente e obxectivamente pensamos que é unha parte de turismo moi importante. Un turismo que non é de paso, o noso perfil de clientela o 70% son familias e xuntos podemos navegar mellor. Por iso cando recibín a información encantounos aínda que hai moito por facer. Desexamos que vaiamos fortalecendo e crecendo neste destino familiar e non abandonalo pois é un eixo do motor bastante interesante.

  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
  • Legal & Cookies
  • Área privada

Unha iniciativa do Clúster de Turismo de Galicia