Entrevistamos a José Manuel, asociado ao selo Galicia Destino Familiar, para que nos fale do seu establecemento, o Chiringuito Os Piñeirais (Cabanas, A Coruña).
1.Que é para vostede diversión en familia?
Entendemos como diversión en familia, cando toda a familia goza da experiencia e todos llo pasan ben, comen, rin, corren, saltan, xogan, falan, reláxanse, senten?.
Os pais poden gozar das súas copas e lectura ao terminar a comida, o fillo adolescente pode conectarse facilmente, os irmáns mais pequenos poden xogar sen perigo nas hamacas e pintar ou xogar na area...
2.Que diferenza á súa empresa doutras do sector non especializadas no sector familiar?
A parte de dispor duns servizos que as familias con nenos necesitan para un día de praia. Quérennos os nenos e nós coidámolos e sempre temos algún detalle para eles.
3.Que é o que máis destaca o turista familiar da súa empresa?
Que os seus fillos sempre queren ir ao Chiringuito os Piñeirais, porque lles damos flocos de millo, gominolas, temos hamacas para que se divirtan e ademas encántalles a tortilla e o arroz.
4.Cales son os principais recursos turísticos da súa zona?
A zona dispón de varios recursos turísticos. Podemos dicir que o gastronómico coa paella cabanesa ten cada día mais tirón, as Fragas do Eume con todo o que leva. Hai paseos no barco Anduriño pola ría, hai rutas de sendeirismo, rutas en bicicleta, cabalo, kayacs?
https://www.objetivoviajar.com/cabanas-fragas-do-eume-galicia
5.Por que Galicia é un bo destino para as familias?
Galicia dispón de costa, de zonas rurais e urbanas. Galicia ten unha gastronomía cun produto excelente. En Galicia temos o que todas as familias buscan, limpeza, zonas verdes coidadas, zonas de costa nas nosas rías con augas tranquilas, limpas e seguras, accesibilidade, hospitalidade das súas xentes, relax, tranquilidade e seguridade e todo a un prezo moi alcanzable.
6.Acoden familias estranxeiras ao seu establecemento?
Se, cada vez son mais, sobre todo ingleses, italianos, franceses e portugueses.
7.Cóntenos unha anécdota sobre unha familia turista no seu establecemento.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/yes/2018/08/11/pie-praia-come-luxo/0003_201808SY11P2991.htm
Temos varias a do artigo onde os nenos cambiáronlle o nome á praia e non lle chaman praia de Cabanas chámanlle a praia de José Manuel.
Temos unha que a protagonizou Niko, un neno de 9 anos, que todos nos Pinaresle chamamos o masaxista, porque juegaa ser masaxista e ofrécenos masaxes ?vip" a todo o equipo dos piñeirais, porque di que somos os seus amigos e só a nós.
A anécdota :
Niko: Quen é a Chef? Quero falar con ela.
Camareiro: Espera Niko que cha chamo.
Niko: Vale.
Chega Chus, interésase por quen pregunta por ela, dicímoslle que o masaxista do chiringuito (Niko) reclámaa.
Chus: Dime Niko.
Niko: Tedes que subir a Milanesa porque está riquísima, é espectacular.
Chus: Grazas Niko. Gustouche?
Niko: Siii tédela que subir está barata. Mañá volvo.
e vaise correndo outra vez á praia.
8.Por que recomendaría formar parte de Galicia Destino Familiar?
Primeiro porque está detrás o Cluster de Turismo de Galicia e iso é unha garantía, ademas é unha plataforma onde poder chegar a ese target de familias con nenos dunha forma mais fácil, directa e a maior escala. Hai unha marca (#Galiciadestinofamiliar) que dá garantía ás familias, hai a posibilidade de facer Networking con outros negocios relacionados co sector etc.