Galicia Destino Familiar
Clúster Turismo de Galicia
  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
    • Español
    • English
    • Português

Noticia > Feliz Ano Novo e que o 2018 depárenos novos proxectos xuntos!
29 de decembro de 2017

Compartir:
“Galicia Destino Familiar fai balance dos momentos vividos o último ano”

A punto de dar o salto ó 2018, é momento de recapitular e facer balance do vivido este último ano.

Galicia Destino Familiar nacía o pasado ano cun obxectivo claro: situar a nosa comunidade autónoma como o destino de referencia para que pais e fillos puideran desfrutar de experiencias inesquecibles. Este proxecto, impulsado e soportado polo Clúster de Turismo de Galicia, era unha forma de dar visibilidade ós centos de establecementos que ofrecen unha oferta especializada para este sector, ó cal non se lle dedicaron toda a atención merecida.

Tódolos comezos son difíciles, pero pouco víamos crecer o noso proxecto, celebrando con ilusión cada pequeno logro. Saber que as empresas depositaban a súa confianza en nós non facía máis que ratificar a necesidade desta iniciativa, dándonos forza para seguir adiante. Tamén crecíamos na rede a través da nosa web e as redes sociais, e a nosa App vía finalmente a luz para poñerlles as cousas aínda máis fáciles ós pais.

O que comezou como un proxecto é xa unha realidade, e por iso queremos dar as gracias ós establecementos que creron en nós e que nos acompañaron nos últimos meses, así como as que hoxe se seguen sumando á gran familia que hoxe formamos.

Tamén merecen o noso agradecemento as familias que están depositando a súa confianza en nós para encontrar en Galicia o seu viaxe desexado, ás que tamén enviamos os nosos mellores desexos e as animamos a que veñan a visitarnos o próximo ano.

Non imos esquecer a todos aqueles que acompañáronnos en talleres e viaxes, bloggers, influencers e auténticos expertos en ocio infantil, cuxa axuda foi crucial para facer chegar a nosa marca aínda máis lonxe. Esperamos que o ano que vén déanos oportunidade de seguir colaborando xuntos.

A todos eles, gracias, porque o que converte en especial Galicia Destino Familiar é que é un proxecto feito por e para familias, e solo unidos conseguiremos converter Galicia no mellor destino para desfrutar en familia.

Así que brindemos por un 2017 cheo de éxitos e, sobre todo, por un 2018 cargado de ilusión e novos proxectos!

  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
  • Legal & Cookies
  • Área privada

Unha iniciativa do Clúster de Turismo de Galicia