Galicia Destino Familiar
Clúster Turismo de Galicia
  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
    • Español
    • English
    • Português

Noticia > Galicia triunfa un ano máis en FITUR
22 de xaneiro de 2018

Compartir:
“Un encontro entre profesionais do turismo que dio como resultado novas ideas e proxectos cos que mellorar a oferta turística de Galicia.”

Un ano máis, a participación de Galicia na mundialmente coñecida feira FITUR foi todo un éxito. Máis de 350 citas nas que os profesionais do sector intercambiaron as súas impresións e ideas, en aras de fomentar o turismo na nosa comunidade autónoma.

Non podemos deixar de destacar a posta en escena protagonizada polo Clúster de Turismo de Galicia, na que se presentaron as Novas Iniciativas para a comercialización do turismo en Galicia, na que os asistentes puideron constatar o duro traballo que estase realizando para a mellora da oferta turística galega. Iniciativas que pretenden situar Galicia nun destino de elección para perfiles turísticos, entre os que non podía faltar Galicia Destino Familiar e o seu afán por converter a nosa comunidade no destino perfecto para un público tan selecto como son as familias.

E como colofón final, Galicia recibiu en FITUR dous dos prestixiosos premios que outorga esta cita. En concreto, a comunidade alzouse co galardón ó Mellor Stand na categoría de institucións e comunidades autónomas e ó Mellor Produto de Turismo Activo polas súas Experiencias nos Parques Naturais, dos que tanto podemos presumir nesta terra.

En definitiva, un aplauso polo Clúster e a súa fantástica participación no evento. Vémonos en FITUR 2019!

  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
  • Legal & Cookies
  • Área privada

Unha iniciativa do Clúster de Turismo de Galicia