Coa chegada do outono, peor tempo e días de chuvia parece que os plans cos máis pequenos da familia son complicados. Aínda así, esta vez tamén ten os seus encantos e unha paisaxe característica, podendo atopar destinos e actividades para os máis pequenos.
O outono caracterízase pola recollida de produtos típicos desta época como as castañas. Podemos aproveitar os días non chuviosos para realizar esta actividade en familia. Soutos centenarios da nosa terra como a espectacular Fraga de Catasós en Lalín, ou o Souto de Rozabales en Manzaneda en Ourense onde o famoso e milenario Castaño de Pumbariños, son escenarios idóneos para esta práctica. A eles únese a zona do Courel; Na zona de Moreda, a carón do centro de interpretación do Courel, hai un percorrido que se pode facer con nenos, seleccionando un pequeno tramo, e que transcorre por baixo dos castiñeiros. Neste mesmo destino tamén podemos gozar da Festa da Castaña, declarada festa de interese turístico de Galicia.
Outro dos produtos característicos desta tempada son os cogomelos. Os montes do Morrazo e boa parte da comarca do Salnés, os bosques de Catasós en Lalín, a comarca de Sarria ou o concello do Incio son lugares nos que a recollida de cogomelos forma parte da rutina diaria da tempada de outono e prolóngase ata ben entrado o mes de novembro.
O mel tamén destaca no outono, sendo a apicultura unha actividade que adoita chamar a atención dos máis pequenos. En Arzúa atoparás o Centro de Divulgación Arzúa Do Queixo e do Mel, onde ademais de coñecer as abellas e as colmeas, hai mostras de queixos da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa.
E por suposto, numerosas rutas de baixa dificultade para facer con nenos. Armea en Ourense, unha ruta de dificultade baixa, pero de gran interese e de gran valor “histórico, arqueolóxico e lendario”. A ruta dos Muíños dos Chancís (Río Xabrega) en Sober (Lugo), circular e moi sinxela que non chega aos 2 quilómetros, quilómetro e medio para a mellor etnografía. As pasarelas do río Mao en Parada de Sil, a Fervenza da Toxa en Silleda, unha das fervenzas máis famosas do territorio galego ou o Bosque Encantado do Morrazo son só algúns exemplos para descubrir Galicia en familia.