Galicia Destino Familiar
Clúster Turismo de Galicia
  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
    • Español
    • English
    • Português

Artigo do Blog > Turismo familiar no Nadal
23 de novembro de 2021

Compartir:
“No Nadal temos máis tempo para planificar en familia, por iso propoñemos algunhas experiencias para vivir o Nadal en Galicia.”

Cada vez está máis preto o Nadal, unhas datas que fan especial ilusión aos máis pequenos de cada casa. Ademais, son unhas datas de vacacións escolares, dispondo de máis tempo para facer plans en familia. Por iso neste post propómosvos algunhas experiencias para vivir o Nadal en Galicia.

Algo que chama a atención de nenos e, non tan nenos, son as decoracións e luces do Nadal. Desde hai uns anos, a cidade que destaca neste sentido é Vigo, onde o Nadal 2021 xa está en marcha. Once millóns de luces led, atraccións polos catro costados, adornos xigantes consolidados e novos, panxoliñas por todas partes, mercados do Nadal... a lista é infinita. Se queredes mergullarvos nun ambiente de Nadal, visitar esta cidade é unha boa opción. Pero non só Vigo conta con decoración de Nadal. Santiago de Compostela, A Coruña ou Pontevedra son tamén boas alternativas para vivir o ambiente do Nadal paseando polas súas rúas.

Outra alternativa é a visita a espectáculos infantís. Mostra diso é o festival PequeÁrtiko na súa 7ª edición de Nadal na sala Ártika de Vigo coa mellor programación de teatro para público familiar e infantil (do 18 ao 31 de decembro). PequeÁrtiko é un festival para que os máis pequenos e as súas familias poidan gozar con teatro infantil, espectáculos, música, monicreques, clown... e que cada ano que pasa consolídase tendo máis repercusión en Galicia. Na Coruña o pianista e escritor británico James Rhodes dará a benvida ao Nadal o próximo 1 de decembro no centro comercial Marineda City da Coruña, cun pequeno recital con motivo da cerimonia do aceso da iluminación deste centro. Tamén na Coruña, do 28 ao 30 de decembro poderase asistir ao Circo de Nadal no Teatro Colón.

Os beléns tampouco poden faltar nestas datas. Son varios os que podedes visitar en Galicia, como o Belén electrónico de Begonte (Lugo), o Belén do Señor José en Parada de Sil (Ourense), o Belén da Orde Terceira de Ferrol (A Coruña) ou o Belén Familiar de Conxo (Santiago de Compostela).

Outra alternativa para gozar do nadal é a visita aos mercadillos de Nadal. Varios son os que atoparedes nas cidades galegas, en Vigo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Lugo e Santiago de Compostela. Tampouco poden faltar as visitas a paxes reais e Papá Noel, os cales tamén atoparedes nestas cidades.

E non só as grandes cidades son dignas de visita. Existen moitas outras vilas que merece a pena visitar en Nadal, coa súa particular decoración de Nadal, con menos recursos, pero moita ilusión e creatividade. Allariz en Ourense, Sanxenxo ou Combarro en Pontevedra, Oleiros na Coruña ou Monforte de Lemos en Lugo son alternativas para facer unha escapada e vivir o Nadal.

  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
  • Legal & Cookies
  • Área privada

Unha iniciativa do Clúster de Turismo de Galicia