Galicia Destino Familiar
Clúster Turismo de Galicia
  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
    • Español
    • English
    • Português

Artigo do Blog > Turismo familiar para Samaín en Galicia
26 de outubro de 2021

Compartir:
“Samaín significa fin do verán, antiga festa celta semellante ao coñecido Halloween”

A última fin de semana de outubro, xunto co festivo do 1 de novembro, ofrece 3 días para facer plans en familia. Son moitos os concellos galegos que se preparan para esta festa que pouco a pouco vai facendo máis sona en Galicia, buscando diferenciarse do coñecido “Halloween” americano, e aínda máis arraigado na tradición galega como o Samaín. "Samhain" significa "fin do verán", como o celebraban os antigos celtas nesa época de transición do verán ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar todos os anos, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se di que é máis fácil viaxar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos. .


Que escapadas podemos facer para gozar destas datas?


Son varias as alternativas que propoñemos en todo o territorio galego:


OURENSE

Noite Meiga en Ribadavia. Este 2021 volve en formato reducido e con aforo limitado en cada un dos espectáculos, que terán lugar os días 29 e 30 de outubro.

Samaín en A Baixa Limia. Baixa Limia, Lobios e Bande, adiantan unha serie de actividades para o Samaín, especialmente enfocadas ao público infantil.

Allariz de Medo. Esta noite do "terror" chega tamén a Allariz, onde o Concello presentará o seu "Allariz de medo", que se celebrará do 29 de outubro ao 1 de novembro.

Albarellos. Nas terras de Monterrei, a vila de Albarellos recupera o seu Samaín baixo o lema "Xa pode correr", cun "túnel do medo", comida e música. A cita será o 3 de outubro ás 20:30 h.

PONTEVEDRA

Vigo. Numerosas actividades en distintos puntos da cidade, como pasarrúas, contas, obradoiros infantís...

Samaín Fest (Pontevedra). Volve a cita coa cervexa co Samaín Fest, que se celebrará na ponte de Todos os Santos. Un ano máis, o Marentes Rugby Club Pontevedra convocará aos numerosos afeccionados á Guinness negra loura, tostada ou clásica nunha festa na que a gastronomía non faltará e que conta coa colaboración da Área de Promoción Económica. Entre o 27 de outubro e o 1 de novembro na Praza de España.

Catoira, concello viquingo da ría de Arousa, celebra a festa cun desfile de caveiras.

Sabucedo. O escenario da rapa das bestas acolle o festival da Musa. Unha unión entre o Samaín, o magosto e as muiñadas.

Salvaterra organiza o venres 29 de outubro no popular parque da Canuda un gran evento no Samaín baixo o título "Parque Encantado".

Á CORUÑA

A Coruña. Pasacalles, obradoiros e espectáculos de maxia e lume no Samaín

Cedeira. Haberá exposición de cabazas, obradoiro de talla e obradoiro de maquillaxe, colares de zonchos, pasacalles...

Ferrol. A Festa do Samaín, no barrio de Catabois, en Ferrol (A Coruña), consolidouse como unha das celebracións máis destacadas arredor desta celebración na zona de Ferrolterra. Ten lugar o 31 de outubro, nunha xornada chea de actividades na que participan os establecementos hostaleiros e comercios do barrio.

LUGO

Lugo.Entre o luns 28 de outubro e o venres 1 de novembro celébrase en Lugo o Samaín, un evento perfecto para coñecer ou volver a visitar a cidade da Muralla Romana.

Monterroso. Para os que son máis de Todos os Santos que de Samaín, Monterroso ofrece un plan moi diferente para as vacacións. Cada 1 de novembro celébrase alí un mercado coñecido como Feira dos Santos. A súa orixe remóntase á Idade Media, vinculada a un imposto sobre o sal que se cobraba na vila de Lugo.

  • Inicio
  • Ofertas
  • Establecementos
  • Recursos e puntos de interese
  • Novas
  • Blog
  • Acredita a túa empresa
  • Legal & Cookies
  • Área privada

Unha iniciativa do Clúster de Turismo de Galicia